Clara Cid Bengoa, nada en Verín, é unha enxeñeira galega. En 2021 foi galardoada polo Grupo de Deseño e Estruturas Aeroespaciais do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA).
Traxectoria Clara Cid estudou enxeñería de camiños, canais e portos na Universidade da Coruña. É alumna do programa de Doutoramento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e investigadora do Grupo de Mecánica de Estruturas da Universidade da Coruña.
Premios e Recoñecementos En 2014, obtivo o premio Puentes polo proxecto: Pasarela peonil sobre o río Miño, entre Goián e Vilanova de Cerveira.
En 2021, recibiu o “2021 SwRI Student Paper Award in Non-Deterministic Approaches” no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado “Probability-Damage approach for Fail-Safe design Optimization under Aleatory Uncertainty (β-PDFSO)”.
En 2022, recibiu o "2022 Lockheed Martin Student Paper Award in Structures", no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado "Fail-safe design optimization of an aircraft fuselage-wing section using the DamageCreator software".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Clara Cid Bengoa entrevistada por Investigal.
Categoría:Nados en Verín Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes