A PlayStation 3 ou PS3 é a terceira videoconsola de Sony Computer Entertainment e sucesora da PlayStation 2 como parte da serie PlayStation. As datas de lanzamento foron o 11 de novembro de 2006 no Xapón, o 17 de novembro de 2006 en América do Norte e América do Sur e o 23 de marzo de 2007 en Europa e Oceanía.
Características técnicas CPU: Procesador Cell cun núcleo baseado en IBM POWER e 8 núcleos SPE a 3,2 GHz. GPU: RSX desenvolvido por Nvidia e Sony Computer Entertainment. RAM: 256 MB, Bus XDR a 3,2 GHz dun bus 64 bits desenvolvido por Rambus. VRAM: 256 MB Bus GDDR 3 de 700 MHz dun bus de 128 bits. Medio: CD-ROM, DVD-ROM, SACD, Blu-ray Disc (BD-ROM), Dual Disc, Memory Stick, SD Card, CF (estas últimas só nos modelos iniciais de 60 GB). Controladores: De dous a catro portos USB segundo modelo, 7 portos Bluetooth inalámbricos e un porto de rede. Portos I/0: USB 2.0 (4), SATA 2,5" para disco duro (1), Memory Stick Pro(1) (Excepto nos modelos de 20 GB, 40 GB, 80 GB e demais), SD Card (1) (Excepto nos modelos de 20 GB, 40 GB, 80 GB e 160 GB), CF Type I, II (1) (Excepto nos modelos de 20 GB, 40 GB, 80 GB e 160 GB). Comunicación en rede: Ethernet 10/100/1000 (1 entrada), WiFi IEEE 802.11 b/g (Excepto no modelo de 20 GB), Bluetooth 2.0. Son: Dolby Surround Sound 7.1ch, DTS, LPCM etc. Resolución de vídeo: 576i, 576p, 720p, 1080i, 1080p Formatos compatibles: Blu-ray, DVD, SACD, CD, PlayStation Game, PlayStation 2 Game (só nalgúns modelos) e PlayStation 3 Game Saída son/vídeo: SCPH A/V Multiout analógico (1), saída de son óptica dixital (1), saída de vídeo dixital HDMI. Consumo de enerxía: 107 vatios no modelo de 40 GB e 174 vatios no de 60 GB. Dimensións: Aproximadamente 325 mm (anchura) x 98 mm (altura) x 274 mm (fondo).
Vendas Rexión Unidades VendidasXapón 9.520.000 a setembro de 2013 Estados Unidos 27.230.000 a setembro de 2013 Europa 31.900.000 a setembro de 2013 Resto do mundo 11.080.000 a setembro de 2013Total 79.733.170 consolas a 28 de setembro de 2013
Notas
Véxase tamén
Outros artigos PlayStation. PlayStation (serie). Lista de xogos de PlayStation 3.
Categoría:PlayStation