As Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda (en francés: Forces Démocratiques de la Libération du Rwanda) son o principal grupo rebelde anti-Ruanda que operou nas últimas etapas da Segunda Guerra do Congo. Composto case na súa totalidade por membros hutus, foi formado no ano 2000 cos seus comandos de Kinshasa e Kivu, coa unión dos membros do Exército para a Liberación de Ruanda. Operan no territorio da República Democrática do Congo, desde onde lanzan ataques contra o goberno de Kigali.

Gran parte das súas forzas está composta polos chamados interahamwe que levaron a cabo o xenocidio ruandés de 1994. A súa principal fonte de apoio está no presidente da RDC Joseph Kabila, que os utiliza como o seu brazo armado contra os seus inimigos. En xullo de 2002, as FDLR trasladáronse desde a capital cara ás provincias de Kivu do Norte e Sur, cando os seus membros eran calculados entre 15 000 e 20 000 soldados.

Despois do remate oficial da guerra no Congo, ao asinarse o Acordo Global e Inclusivo de Pretoria, as súas forzas continuaron atacando a membros da etnia tutsi ao longo da fronteira entre a RDC e Ruanda, transformándose nun dos principais elementos desestabilizadores da rexión. A mediados do ano 2004 os seus ataques perpetrados en contra da poboación civil provocaron unha avalancha de máis de 25 000 congoleses refuxiados.

En marzo do ano 2005, despois de longos debates e conversacións entre representantes do goberno da RDC e os xefes das FDLR, chegouse o día 31 ao acordo de abandonar a loita armada e de volver a Ruanda como un partido político máis. Este acordo, alcanzado na cidade de Roma, en Italia, implica que os responsables do xenocidio de 1994 terán que enfrontarse á xustiza unha vez regresen ao seu país de orixe. Se se chega a cumprir, este acordo podería significar o desarmamento de máis de 10 000 homes comandados por diferentes xefes das FDLR, un feito imperioso para poder estabilizar e traer a calma á maltratada zona. BBC Mundo, 31 de marzo de 2005. Ruanda: rebeldes abandonan lucha.

O 4 de outubro do 2005 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas emitiu unha declaración esixindo ás FDLR desarmarse e abandonar a República Democrática do Congo. Despois dun novo acordo, as forzas comprometéronse a abandonar o país o 30 de setembro. O líder das FDLR Ignace Murwanashyaka foi detido na cidade de Mannheim en Alemaña por violar as leis de inmigración. Ruanda anunciou que buscará extraditalo para enfrontar cargos polo xenocidio ruandés.Jurist, legal news & research, 9 de abril de 2006. "Suspected Rwanda war criminal arrested in Germany".

O 23 de febreiro de 2021, as FDLR foron acusadas polas autoridades locais do Congo de estar detrás do asasinato de Luca Attanasio, embaixador italiano no país, nun ataque a un dos convois da MONUSCO da Organización das Nacións Unidas. Con todo, negaron calquera responsabilidade e condenaron o ocorrido, cualificándoo como "innoble".

En outubro de 2021, como parte do proceso de normalización entre Burundi e Ruanda. Burundi entrega a Ruanda once rebeldes do FLN.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio das Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda , . Informe en GlobalSecurity.org, .

Notas

Categoría:Historia da República Democrática do Congo Categoría:Historia de Ruanda