Noelia Rodríguez Travieso, nada en Ribadavia en 1977, é unha enfermeira e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Enfermeira de profesión. Concelleira de Ribadavia polo PSdeG-PSOE dendo 2011, foi concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente (lexislatura 2011-15) e concelleira de Benestar social, muller, igualdade, sanidade e participación cidadá (na lexislatura 2015-2019). Logo dunha moción de censura contra o alcalde do PPdeG César Fernández apoiada polo PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común, foi elixida alcaldesa de Ribadavia o 23 de febreiro de 2021,Noelia Rodríguez se estrena como alcaldesa: «Non permitirei que Ribadavia reciba menos do que lle corresponde» sendo a primeira muller á fronte da alcaldía na historia de Ribadavia. Forma parte da Executiva Nacional Galega do PSdeG tralo seu 14º Congreso en decembro de 2021. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura socialista en Ribadavia e perdeu a alcaldía tras lograr o PPdeG a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadavia
Ligazóns externas Entrevista a Noelia Rodríguez, próxima alcaldesa de Ribadavia
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1977