miniatura|Entrada principal da Filharmónica de Khárkiv. A Sociedade filharmónica de Khárkiv (Харківська обласна філармонія en ucraíno, transl. Jarkivska oblasna filarmoniya) é unha asociación filharmónica situada na localidade de Khárkiv, Ucraína fundada en outubro de 1929. A organización é unha das máis antigas e recoñecidas do país como centro cultural.
Historia Ao longo da súa historia varios compositores participaron na sociedade como: Henryk Wieniawski, Pablo Sarasate, Mattia Battistini, Titta Ruffo, Fiódor Chaliapin, Piotr Chaikovski, Serguéi Rakhmáninov entre outros compositores e músicos.
O propietario do centro é a Orquestra Académica Sinfónica. Dispón de 100 músicos de gran nivel profesional, a maior parte deles premiados en certames nacionais e internacionais.
O centro é unha das organizacións culturais promotoras da música clásica, contemporánea e folclórica realizando unha contribución significativa á vida cultural de Ucraína.
Academia Coral miniatura|Grupo coral da Orquestra Filharmónica. Nos anos 30 fundouse o Coro Vocal da Academia cun concerto.
Desde 1936, o coro estivo dirixido por O. Bryzchakha até 1938 cando foi substituído por K. Hrechenko até 1943. Ao longo dos anos houbo varios directores: E. Konopliova (1944-1945), H. Davidovskiy. En 1956 o coro reorganizouse no Coro Nacional de Ucraína até a súa desaparición en 1962.
As orixes do grupo que forma a filharmónica de Khárkiv hoxe en día remóntanse a 1980 por iniciativa de Vyachaeslav Palkin e a Administración de Cultura de Ucraína. Os concertos empezaron a atraer o interese da cidade sendo o seu primeiro concerto en xaneiro de 1981. Durante os anos 80 o grupo empezou a realizar xiras por Kíiv e outras cidades á parte de tocar en varios países: Rusia, Moldova, Letonia, Xeorxia, Alemaña e Estados Unidos.
O coro alcanzou o status de grupo filharmónico pola súa intensa actividade, actuacións profesionais e o seu gran repertorio.
En xullo de 1991, o coro actuou por primeira vez na Cámara Filharmónica rexional de Khárkiv.
Trala disolución da Unión Soviética, o coro continuou a súa actividade en varios eventos tanto internacionais e nacionais:
Primeira asemblea coral de Kíiv (Kíiv, 1993) Slobozchanski velykden (Kíiv, 1996) 2000 anos da natividade e celebración do Día Reformista (Alemaña, 2000) Sexta edición do Festival Zolotoverkhiy Kíiv (Kíiv, 2002) Premios Taras Shevchenko Suzirya (Kíiv 2003) Concertos rexionais (Kíiv, 1999, 2001, 2004) 130 aniversario do nacemento de Oleksandr Koshytsia (Kíiv, 2005) Festival coral de Ucraína (Dniepropetrovsk, 2006) Festival Internacional Khaynovsky dni tserkownych pisnespiwiw (Polonia, 2006, 2009, 2011)
Os programas musicais do grupo coral están compostos por obras de varios compositores de varias nacionalidades:
Ucraína: Lesia Dychko, T. Kravtsov, Mikola Leontóvich, Mykola Lysenko, Yevhen Stankovych, Kyrylo Stetsenko, M. Stetsiun.
Rusia: V. Gavrylin, Mikhail Glinka, Serguéi Rakhmáninov, Sergei Taneyev, Alfred Schnittke.
Europa Occidental e Central: J. S. Bach, Hector Berlioz, Carl Maria von Weber, O. Lasso, W. A. Mozart, F. Schubert, K. Gorskiy, Krzysztof Penderecki entre outros.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Orquestras sinfónicas Categoría:Grupos musicais de Ucraína