O obxectivo básico dos xogos de Pokémon é capturar e adestrar as criaturas ficticias chamadas "Pokémon" e usalas en batallas contra outros adestradores. Cada nova xeración de xogos baséase no concepto de introducir novos Pokémon, obxectos e conceptos sobre o modo de xogo. Algúns dos conceptos xerais presentáronse noutras partes da franquía antes de seren introducidos nos xogos; as batallas apareceron no anime antes de ser introducidas nos xogos e as habilidades Pokémon son semellantes ós poderes Pokémon presentados no Pokémon Trading Card Game, que tamén introduciu os "Shiny Pokémon", o fenómeno segundo o cal algúns Pokémon son de cores diferentes dos orixinais. O xogo competitivo de Pokémon e onde os xogadores de todo o mundo loitan entre eles con Pokémon. Porén, require algunha estratexia que implique ter Pokémon con estatísticas altas. e elixir movementos supereficaces.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pokémon