Myroslav Mykhailovych Slaboshpytskyi (en ), nado en Kíiv o 17 de outubro de 1974, é un director de filmes ucraíno.

Traxectoria Slaboshpytskyi é fillo do escritor ucraíno e crítico literario Mykhailo Slaboshpytskyi. Até 1982 viviu en Lviv.

Slaboshpytskyi graduouse na Universidade Nacional de Teatro, Cine, e Televisión de Kíiv centrándose na dirección de cine e televisión. Traballou como reporteiro e escribiu guións para cine e televisión. A comezos da década de 1990 traballou nos Estudios de cine Dovzhenko.

Desde o ano 2000 é membro da Asociación ucraína de Cineastas. Foi vicepresidente da Asociación de Xoves Cineastas de Ucraína.

En 2006 rodou a súa primeira curtametraxe Жах (O incidente), seleccionado en festivais de dezasete países.

A súa segunda curtametraxe Діагноз (Diagnose) competiu polo Oso de Ouro na Berlinale en 2009, e ó ano seguinte o director foi seleccionado novamente pola súa curta Глухота (Sordeira).

En 2014 Slaboshpytskyi deuse a coñecer coa súa película “A Tribo” que se estreou no Festival de Cine de Cannes. A película está feita completamente en lingua de signos ucraína sen subtitulos. Gañou o Gran Premio Nespresso, así como o Premio para Visionarios de Francia 4 e o Premio de Apoio á Distribución da Fundación Gan na sección da Semana Internacional da Crítica no Festival de Cannes de 2014.

O 24 de outubro de 2018 deuse a coñecer que Myroslav Slaboshpytskyi foi escollido para dirixir a película Tigre. A película está baseada no libro de non ficción de 2010 de John Vaillant. Focus adquiriu os dereitos do libro en 2010 e a, comezos do proxecto, considerouse como un traballo para participación de Brad Pitt coa dirección de Darren Aronofsky. Ao final os dous decidiron ficar como produtores e deixar a dirección a Slaboshpystskyi.‘The Tribe’ Director to Helm ‘Tiger’ For Focus (EXCLUSIVE)

Películas

Como director 2006 : (O Incidente, curtametraxe) 2009 : (Diagnose, curtametraxe) 2010 : (Sordeira, curtametraxe) 2010 : , (Mudaki. Arábica, curtametraxe) 2012 : (Lixo nuclear, curtametraxe) 2012 : , (Ucraína, adeus!, curtametraxe) 2014 : (A Tribo) TBA : Luxembourg (Luxemburgo)

Como guionista

2009 : (Diagnose, curtametraxe) 2010 : (Sordeira, curtametraxe) 2012 : (Lixo nuclear, curtametraxe) 2014 : (A Tribo) TBA : Luxembourg (Luxemburgo)

Como produtor

2006 : (O Incidente, curtametraxe) 2009 : (Diagnose, curtametraxe)

Como decorador

2006 : (O Incidente, curtametraxe)

Como editor

2009 : (Diagnose, curtametraxe)

Como actor

1995 : (O Garda, curtametraxe) 1999 : (O poeta e a princesa)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Directores de cinema de Ucraína Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Kíiv