Child's Play é un filme estadounidense de 1988 dirixido e coescrito por Tom Holland, e producido por David Kirschner a partir dunha historia de Don Mancini. É o primeiro filme da franquía cinematográfica de Child's Play. Está protagonizado por Brad Dourif, Catherine Hicks, Chris Sarandon, Alex Vincent e Dinah Manoff. Hicks interpreta unha nai viúva que lle dá como agasallo un boneco ó seu fillo, o cal ten no seu interior a alma dun asasino en serie interpretado por Dourif.
Child's Play estreouse nos Estados Unidos o 9 de novembro de 1988 a través de MGM/UA Communications Co. Recadou máis de 44 millóns de dólares sobre un orzamento de 9 millóns. O filme converteuse nun clásico de culto, e o seu éxito de recadación motivou a creación dunha serie de filmes, produtos de mercadotecnia, libros de banda deseñada e un remake co mesmo título que se estreou no verán de 2019. Child's Play foi distribuído por Metro-Goldwyn-Mayer, malia que os dereitos da serie foron vendidos a Universal Pictures en 1990, xusta antes da produción de Child's Play 2.
Personaxes Brad Dourif como Charles Lee Ray/Chucky John Franklin como Walkabout Chucky Catherine Hicks como Karen Barclay Chris Sarandon como Detective Mike Norris Alex Vincent como Andy Barclay Dinah Manoff como Maggie Peterson Tommy Swerdlow como Jack Santos Jack Colvin como Dr. Ardmore Raymond Oliver como John "Dr. Death" Bishop Neil Giuntoli como Eddie Caputo Alan Wilder como Mr. Walter Criswell Aaron Osborne como Orderly Juan Ramirez como Peddler Tyler Hard como Mona Ted Liss como George Roslyn Alexander como Lucy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tom Holland Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes sobre nenos