Dvēseļu putenis é un filme letón de 2019 dirixido por Dzintars Dreibergs. Estreouse o 8 de novembro de 2019 en Letonia e o 20 de febreiro de 2020 internationalmente. O filme é unha adaptación da novela homónima de Aleksandrs Grīns que conta a historia dun soldado letón durante a primeira guerra mundial. Foi escollido como candidato de Letonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Despois de presenciar o asasinato da súa nai por tropas alemás invasoras, o adolescente de dezaseis anos Artūrs, xunto co seu pai, decide alistarse no batallón nacional letón do Exército Imperial Ruso co obxectivo de conseguir vingarse e atopar a gloria. Artūrs vai loitar na Fronte oriental, onde perde ó seu pai e irmán e axiña queda devastado. Posteriormente, Artūrs regresa ó seu país acabado de proclamar para loitar na guerra de independencia de Letonia e comezar de novo.
Personaxes Oto Brantevics como Artūrs Vanags Raimonds Celms como Edgars Vanags Mārtiņš Vilsons como Vanags Jēkabs Reinis como Miķelsons Gatis Gāga como Konrāds Renārs Zeltiņš como Spilva Vilis Daudziņš como Sala Grēta Trušiņa como Marta Ieva Florence como Mirdza Rēzija Kalniņa como nai
Acollida Durante as cinco primeiras semanas logo da estrea o filme foi visto por máis de 200 000 persoas, sendo o filme letón máis visto dende a restauración da independencia de Letonia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Letonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua letoa Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Letonia Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial