Atlantyda (en ) é un filme ucraíno distópico e postapocalíptico de 2019 dirixido por Valentyn Vasyanovych. Estreouse na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto. No Festival de Venecia, gañou o premio ó mellor filme na sección Horizons. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Nunha Ucraína devastada pola guerra e unha crise medioambiental, un soldado retirado perde o seu traballo nunha fundición. O seu novo traballo é exhumar cadáveres.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Ucraína propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes de Ucraína Categoría:Filmes dirixidos por Valentyn Vasyanovych Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados en Ucraína