María Victoria Díaz Riva, nada en Lugo en 1904 e finada en Málaga en 1972, foi unha das primeiras inspectoras de ensino primario de España.
Traxectoria Foi filla de Nicolás Díaz López, profesor de Latín e director do Instituto de Santiago (nado en maio de 1871 en Lugo"Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Lugo. Año de 1904" (Arquivo Municipal de Lugo, cartapacio 115, fol. 5v).), e de Sabina Riva Moscoso (nada en 1880 en Ferrol"Padrón de vecinos del Ayuntamiento de Ferrol para el año de 1882" (Arquivo Histórico Municipal de Ferrol, "Barrio 2º, Calle de San Carlos").). Tivo tres irmáns que estudaron na universidade compostelá: Manuel e Nicolás Antonio, que fixeron Medicina, e Elisa, que estudou Química.
María Victoria rematou os estudos de Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela en 1923. Posteriormente, iniciou estudos universitarios de Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid graduándose en 1929.
Aprobou a oposición de mestra en 1925 e en 1929 ingresou no corpo de Inspectores de educación primaria, sendo mestra e inspectora de Primeira ensinanza en Oviedo. Dende 1931 foi tamén profesora vinculada ao Instituto-Escuela de Madrid. Ademais, sería unha das pensionistas da JAE, o que lle permitiu ampliar estudos en Bordeos, París e Xenebra. Finalizada a Guerra civil foi depurada e separada do servizo de maxisterio e de inspección en 1940 durante un período de dous anos. En 1942 puido reintegrarse á Inspección educativa e foi destinada á provincia de Málaga, onde permaneceu ata a fin da súa carreira profesiona.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pensionados da JAE
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1972