Pilularia é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, un dos tres incluídos na familia das marsileáceas.
O xénero comprende especies de fieitos acuáticos distribuídos polas rexións temperadas; no hemisferio norte, en Norteamérica, Europa e nas montañas de Etiopía e, no hemisferio sur, en Australia, Nova Zelandia e o oeste de América do Sur.
A especie tipo é Pilularia globulifera Linnaeus, 1753
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1753 por Linneo na páxina 1100 do tomo II da súa obra Species Plantarum.Caroli Linnaei. Systema Plantarum. Exhibentes plantas rite cognitas, ad genera relatas, cum differentiis specificis, nominibus trivialibus, synonymis selectis, locis natalibus, secundum systema sexuale digestas. Tomus II. Holmiae: Impensis Laurentii Salvii, 1753.
Etimoloxía O nome científico Pilularia está formado pola unión dos elementos pilul- e -aria. O primeiro está tirado do latín pilula, "pequena bóla",Pilularia no Merriam-Webster Dictionary, e o segundo é unha desinencia do latín científico derivada do latín -arius, -aria, -arium, elemento formador de adxectivos co significado de "relacionado coa raíz derivativa."-ario, ia no DRAE
Sinónimos Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo, e actualmmente válido (2021), o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:Pilularia L. no GBIF. Consultado o 5 de marzo de 2021. Spheroidia Dulac
Especies Dependendo do taxonomista, o xénero conta entre 3 e 6 especies.
Traballos recentes aceptan catro especies de Pilularia, cunha quinta, P. novae-zealandiae, conespecífica de P. novae-hollandiae. Ademais, outra especie, P. dracomontana, foi descrita en Suráfrica.
Pilularia americana A.Braun Pilularia globulifera L. Pilularia minuta Durieu Pilularia novae-hollandiae A.Braun Pilularia dracomontana N. R. Crouch e J. Wesley-Smith
Características Son plantas pequenas con frondes semellantes a fíos e con rizomas rastreiros. Os esporanxios están en esporocarpos esféricos, que se forman nas axilas das frondes. Pilularia minuta do suroeste de Europa é un dos fieitos máis pequenos.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hassler, M. & Schmitt, B. (2019): World Ferns. Checklist of the Ferns and Lycophytes of the World. Versión 7.63 – xaneiro de 2019. Preston, C. D. & Croft, J. M. (1997): Aquatic Plants in Britain and Ireland. Colchester, UK: Harley Books. ISBN 0-9465-8955-0, pp. 31–32.
Ligazóns externas Pilularia no NCBI. Pilularia na Lista vermella da UICN. Pilularia L. no ITIS. Pillwort. Pilularia no EOL. Pilularia globulifera UK distribution .
Categoría:Salviniales Categoría:Taxons descritos por Linné