Sara García Bruta, nada en Chalchuapa (O Salvador) en 1986, é unha activista, feminista, e defensora dos dereitos humanos salvadoreña. É a coordinadora da avogacía política do Grupo Cidadán pola Despenalización do Aborto Terapéutico, Ético e Euxenético fundado en 2009. Tamén é membro da Rede Salvadoreña de Mulleres Defensoras dos Dereitos Humanos. En 2019, foi recibiu o premio Simone de Beauvoir de Francia polo o seu traballo para promover o dereito ó aborto.

Traxectoria Sara García Bruta naceu en Chalchuapa en 1986. Licenciouse en psicoloxía na Universidade Americana Central. Especializouse en estudos de xénero na Universidade Autónoma Nacional de México. En xuño de 2019 trasladouse a Bos Aires, onde cursou un mestrado en Democratización e Dereitos Humanos para Latinoamérica e o Caribe na Universidade Nacional General San Martín.

En 2014, presentou o audioinforme Del Hospital a la Cárcel, que trata temas relacionados cos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

O Grupo Cidadán pola Despenalización do Aborto Terapéutico, Ético e Euxenético, para o que traballa García, é unha organización social multidisciplinar que busca concienciar á sociedade para cambiar a lexislación salvadoreña sobre o aborto. Ademais, promoven a educación sexual e defenden ás mulleres que foron acusadas ou condenadas por aborto ou asuntos relacionados. García tamén é membro da Rede Salvadoreña de Mulleres Defensoras dos Dereitos Humanos.

En xaneiro de 2019, a Universidade París Diderot outorgoulle o Premio Simone de Beauvoir polos seus esforzos para a despenalización do aborto en casos de violación, trata de persoas, cando a vida da nai está en perigo, ou cando a nai é unha menor.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Autónoma de México Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no Salvador