A folga xeral de 1972 foi unha serie de protestas que tiveron lugar en Vigo en setembro dese ano. Está considerada un fito na historia galega.
Desenvolvemento Durante o franquismo 30 000 traballadores da comarca de Vigo mobilizáronse durante dúas semanas tras o despedimento de cinco traballadores da factoría Citroên. Inicialmente, houbo seis mil despedimentos que finalmente quedaron en catrocentos e centos de persoas detidas e feridas.
Valoración A valoración que se fai dela é de exitosa malia os custos que tivo. No documental Vigo 1972. O ano da memoria (Roi Cagiao, 2017) os seus protagonistas consideran que foi un pulso importante ao franquismo, un preludio da transición política e que provocou unha mellora substancial de todos os convenios colectivos a continuación.
Na cultura xeral Ambienta a novela Todo chega desde o mar de Santiago Ferragud.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Vigo 1972
Categoría:Franquismo en Galicia Categoría:Historia de Vigo Categoría:1972 en Galicia Categoría:Folgas Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Sindicalismo