dereita|miniatura|Bandeira de Azerbaidján. O nacionalismo azerí (en ), tamén coñecido como acerbaixanismo, é un movemento político e cultural que xurdiu entre os intelectuais azerís dentro do Imperio Ruso durante a segunda metade do século XIX. Aínda que nun principio tiña unha natureza cultural, posteriormente desenvolveuse como unha ideoloxía política que culminou co estabelecemento da República Democrática de Azerbaidján en 1918.Najafov, Etibar: The evolution of Azerbaijani nationalism: Enlightenment, ADR, and Azerbaijanism , Azerbaijan in the world. ADA Biweekly Newsletter, vol. 1, no. 12 de xullo de 2008.
En comparanza co nacionalismo armenio e xeorxiano, o sentimento de nacionalismo étnico desenvolveuse de maneira máis lenta entre os azerís, en parte pola súa identificación como membros dun mundo musulmán meirande e non como unha etnonación cultural singular.The Forsaken People: Case Studies of the Internally Displaced - Page 257 by Roberta Cohen, Francis Mading Deng Despois do conflito de Nagorno-Karabakh e a súa declaración de independencia en 1991, Azerbaidján presenciou o ascenso dun nacionalismo azerí especialmente forte, o cal inclúe aspectos de pannacionalismo e irredentismo.Hirose, Yoko: The Complexity of Nationalism in Azerbaijan, International Journal of Social Science Studies, vol. 4, no. 5, p. 136-149, maio de 2016.
Territorio miniatura|Distribución da lingua azerí. As reclamacións irredentistas dos nacionalistas azerís buscan principalmente incorporar grandes seccións de Irán, así como partes de Armenia, Rusia, Xeorxia e Turquía dentro dun proposto territorio ampliado coñecido como Azerbaidján Enteiro. Irán conta cun maior número de azerís étnicos dos que residen no propio país de Azerbaidján, e antes do estabelecemento da República Democrática de Azerbaidján en 1918, o nome "Azerbaidján" usábase exclusivamente para identificar a rexión adxacente do noroeste de Irán.
A conciencia azerí tamén é importante na cooperación con outros pobos etnicamemente afíns a través do panturquismo.
Notas
Categoría:Nacionalismo azerí Categoría:Relacións internacionais de Azerbaidján