Shenzhou 4 foi a cuarta misión non tripulada dunha cápsula Shenzhou. Foi lanzada o 29 de decembro de 2002 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Shenzhou 4 foi o cuarto e último voo non tripulado dunha cápsula Shenzhou antes do primeiro voo tripulado chinés, a Shenzhou 5. A cápsula non ía tripulada e foi un voo de probas para comprobar o deseño e as características de voo da cápsula e do foguete lanzador. A bordo levaba diversa instrumentación para comprobar que as condicións serían adecuadas para os futuros astronautas. Tras sete días no espazo a cápsula de reentrada regresou o 5 de xaneiro de 2003.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16

Categoría:Programa Shenzhou