miniatura|250px|Bandeira dos afrikaans. miniatura|360x360px|As repúblicas bóers. O nacionalismo afrikaans (en ) é unha ideoloxía política que xurdiu a finais do século XIX entre os afrikaans de Suráfrica. Orixinalmente estivo fortemente influído polo sentimento antibritánico que creceu entre os afrikaans, especialmente por mor das guerras bóers.

De acordo co historiador T. Dunbar Moodie, o nacionalismo afrikaans podería describirse como un tipo de relixión civil que mestura a historia dos afrikaans, unha lingua formalizada (o afrikaans) e o calvinismo afrikaans como elementos principais. Algúns dos principais defensores da ideoloxía foron a organización secreta Broederbond e o Partido Nacional que gobernou o país dende 1948 ata 1994. Outras organizacións achegadas á ideoloxía do nacionalismo afrikaans foron a Federació de Organizacións Culturais Afrikaans (en ; FAK), o Instituto para a Educación Nacional Cristiá e a Asociación pola Protección dos Traballadores Brancos.

Notas

Categoría:Nacionalismo afrikaans