Wafa Mustafa, nada en Masiaf o 4 de agosto de 1990, é unha xornalista e activista siria que fai campaña pola liberación dos detidos sirios. Como membro de Families for Freedom, meteu presión ó Consello de Seguridade das Nacións Unidas para pedir a liberación dos nomes e as localizacións de todos aqueles ós que as autoridades sirias teñen en cativerio. Mustafa citou que a motivación do seu activismo foi a desaparición do seu pai, Ali Mustafa, un activista dos dereitos humanos, que foi detido en xullo de 2013. Acosado xa en 2011 pola Seguridade do Estado, Ali foi arrestado co seu colega Hussam al-Dhafri por homes armados vestidos de civil ó comezo das protestas contra o réxime. Hoxe, Wafa Mustafa traballa para obter calquera información sobre o seu pai e outros refuxiados detidos.
Traxectoria En 2011, foi arrestada por protestas en Siria. Porén, pronto foi liberada. Despois do seu arresto, non puido regresar á escola para continuar os seus estudos, xa que as escolas comezaron a rexeitar ós estudantes que participaron nas manifestacións.
Wafa Mustafa di que comezou o seu traballo de activismo despois da desaparición do seu pai Ali Mustafa (un defensor de dereitos humanos que foi detido en xullo de 2013).
Despois do arresto do seu pai, viuse obrigada a trasladarse a Alepo e despois a Turquía a un campo de refuxiados.
En 2016 foi para Alemaña.
O 30 de maio de 2020, realizou unha manifestación fronte a un xulgado en Koblenz (Alemaña), onde publicó 61 fotografías de persoas desaparecidas en Siria, incluída unha fotografía do seu pai.
Notas
Categoría:Nados en Siria Categoría:Nados en 1990 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Xornalistas de Siria