Dengizic, falecido contra o 469, foi un gobernante huno e fillo de Atila. Despois da morte de Atila no 453, o seu imperio esfarelouse e os seus restos foron gobernados polos seus tres fillos, Elac, Dengizic e Hernac. Sucedeu ao seu irmán máis vello Elac no 454 e probablemente gobernou simultaneamente sobre os hunos nunha dobre monarquía co seu irmán Hernac, pero separando divisións en terras separadas.
Traxectoria O irmán máis vello Elac morreu no 454, na batalla de Nedao. Xordanes afirmou: "Cando Elac foi asasinado, os seus irmáns restantes foron postos a loitar preto da beiramar do Ponto onde dixemos que os godos se instalaron ... vivindo de novo nas súas antigas moradas". Xordanes relatou os acontecementos do 454-455:
Prisco rexistrou que no 465-466, Dengizic e o seu irmán Hernac enviaron diplomáticos a Constantinopla pois querían un tratado de paz e un mercado no Danubio para o intercambio de produtos "segundo os costumes antigos" entre romanos e hunos, pero foron rexeitados. Despois, Dengizic por si mesmo mudouse á beira do Istros (o baixo Danubio) e ameazou con entrar en Tracia a non ser que lle concederan terras e subvencións. Rexeitou as negociacións con Anagastes (que defendía o Danubio en Tracia) e enviou diplomáticos directamente ao emperador León I. Non obstante, León I respondeu que "estaba preparado para atendelo en todo se acudían a el e lle ofrecían obediencia. Afirmou que gostaba das nacións que viñeren buscando alianzas".
No 467, Dengizic cruzou o Danubio xeado e, aínda que esperaba que os hunos do sur se unisen a el, grandes grupos de godos e escitas indefinidos mudáronse con el. Probablemente despois da batalla de Nedao, algúns grupos de godos aínda permaneceron baixo a autoridade dos hunos. En fronte, o emperador Basilisco, os godos Anagastes e Ostris e o huno Chelchal estaban ao mando dos exércitos romanos. Estes conseguiron asediar aos godos nun val, e os escitas "oprimidos pola fame e a falta de produtos necesarios enviaron unha embaixada aos romanos para ver de se entregaren e a cambio da submisión aos romanos que estes lles entregasen terras". O informe continúa:
Anagastes enviou un gran grupo de bucellari contra eles, pero a guerra prolongouse durante dous anos.
Xordanes relata acontecementos no 468:
A guerra rematou en 469 e, a seguir, o conde Marcelino declarou: "A cabeza de Dinzic, fillo de Atila, rei dos hunos, foi levada a Constantinopla". Igualmente, o Chronicon Paschale conta que: "Dinzirichus, o fillo de Atila, foi asasinado por Anagastes, xeneral en Tracia. A súa cabeza foi levada a Constantinopla, levada en procesión pola rúa do Medio e fixada nun poste no circo de madeira. Toda a cidade acudiu a miralo".
A súa morte supuxo eliminar calquera intento de restaurar o Imperio Huno en Europa.
Etimoloxía O nome rexistrado como Δεγγιζίχ (De(n)gizikh) por Prisco ten a variante abreviada Διν[γι]ζι (Din(gi)zi) no Chronicon Paschale; tamén aparece como Den(git)zic para o conde Marcellinus e Din(gi)tzic para Xordanes. Din(t)zic e Denzic fan unha pronuncia xermánica *Denitsik, coa caída frecuente de "g". Otto Maenchen-Helfen considerouno unha derivación do turco *Däŋiziq, que significa "pequeno lago". Omeljan Pritsak considerou a forma reconstruída deŋir + čig> deŋičig, co significado "como océano".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados no século V Categoría:Finados en 469 Categoría:Hunos