Salomé Ureña Díaz de Henríquez, nada en Santo Domingo, na República Dominicana, o 21 de outubro de 1850 e finada en Santo Domingo, República Dominicana, o 6 de marzo de 1897, foi unha poetisa e educadora dominicana, sendo unha das figuras centrais da poesía lírica do século XIX. e innovadora na educación das mulleres no seu país, influenciada pola escola positivista e a educación normalista de Eugenio María de Hostos, de quen foi estudante. As súas obras centráronse no amor á patria e a súa contorna familiar.

Aínda que dispón dunha listaxe de obras non demasiado extensa, conseguiu chamar a atención de gran parte de América Latina pola profundidade das súas obras. Entre os seus traballos máis notables están Ofrenda a la Patria, El Ave y el Nido e Sombras, entre outros.

Traxectoria Nada en Santo Domingo o 21 de outubro de 1850, foi filla do avogado e tamén escritor Nicolás Ureña de Mendoza e Gregoria Díaz de León quen, xunto coa súa avoa e tía maternas, deron á súa filla as primeiras leccións educativas. Dende moi nova entrou en contacto coa literatura. O seu pai ensinoulle as obras clásicas de autores españois e franceses que axudaron á moza Salomé a desenvolver a súa propia carreira e a arte da declamación coa súa irmá Manuela, recitando en castelán, francés, inglés e latín.

Comezou a escribir versos con quince anos de idade, publicando posteriormente as súas primeiras obras con dezasete anos de idade, cunha pegada característica de espontaneidade e tenrura. En 1867 publicou as súas primeiras obras baixo o pseudónimo «Herminia», nome que usou até o ano 1874.

Co paso do tempo, a súa obra volveuse tráxica e triste con poemas como En horas de angustia; ou patriótica e con enerxía como se aprecia nos seus poemas A La Patria y Ruinas. Nos anos seguintes, incluíu nas poesías temas autobiográficos, como se pode ver en Mi Pedro, dedicado ó seu fillo, se cadra o seu poema máis afectuoso, La llegada del invierno e un libro que se fixo moi popular chamado Esteban, onde fala do seu país, a súa familia, as plantas e flores.

Ureña morreu de tuberculose con corenta e seis anos de idade, sendo enterrada na igrexa de Nuestra Señora de las Mercedes e trasladada en 1972 ó Panteón da Patria.Hoy digital: Es Panteón de la Patria, no Panteón NacionalEnciclopedia de historia y cultura del Caribe (EnCaribe): Salomé Ureña de Henríquez

Obras Obras poéticas As súas obras poéticas, preto de sesenta composicións, inclúen épica e lírica.

La gloria del progreso (1873) Ruinas (1876) La llegada del invierno (1877) La fe en el porvenir (1878) Anacaona (1880) Poesía de Salomé Ureña de Henríquez (1880) Sombras (1881) Mi Pedro (1897) Herminia (1897)

Outras obras A la Patria A mi madre A Quísqueya Amor y anhelo Angustias Caridad El ave y el nido El cantar de mis cantares En defensa de la sociedad En el nacimiento de mi primogénito Impresiones Las horas de angustias Luz Melancolía Mi ofrenda a la Patria ¡Padre mío! Quejas Sueños Locuras Una esperanza Pobre niño Tristeza

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Santo Domingo Categoría:Finados en 1897 Categoría:Escritores da República Dominicana Categoría:Finados por tuberculose