Eugenio Meizoso Núñez, nado en Ferrol cara a 1908 e finado en Narón o 22 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de José Meizoso Pita, primeiro condestable da Armada. Participou nos festivais de teatro organizados pola sociedade "La Gran Peña" da Graña.El Correo Gallego, 6-3-1923, p. 2. Traballaba como mecánico da Armada na base naval da Graña, onde sufriu un accidente e tiveron que amputarlle dous dedos na man en 1924.El Ideal Gallego, 21-11-1924, p. 4. Fixo a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1928.El Correo Gallego, 29-9-1928, p. 2. Colaborou en El Correo Gallego.El Correo Gallego, 20-2-1930, p. 1. Foi mestre interino de Bardaos (1930-31). Aprobou as oposicións en 1931.El Pueblo Gallego, 24-10-1931, p. 7. Foi mestre de Portela e dende 1934 da escola de Sedes (Narón). Militante do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado o 22 de agosto de 1936 no cemiterio de San Xiao de Narón.

Vida persoal Casou con Herminia Mouriño Pena, e foi pai de Elías e Marcos Meizoso Mouriño.El Pueblo Gallego, 5-9-1935, p. 12.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1908

Categoría:Finados en 1936

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos