Nina Gualinga, nada en xuño de 1993, é unha activista ambiental e dos dereitos indíxenas ecuatoriana. Ela é parte da comunidade de fala kichwa e pasou a maior parte da súa vida abogando por unha maior protección medioambiental da Amazonía ecuatoriana e da vida silvestre que a habita así como das persoas que dependen deste contorno.

Traxectoria Gualinga naceu e criouse na comunidade de fala kichwa da súa nai de Sarayaku na Amazonía ecuatoriana. Desde os sete anos, abogou pola xustiza climática e os dereitos dos indíxenas. Obtivo o seu coñecemento do bosque a través dos seus pais e avós. A irmá de Gualinga, Helena Gualinga, e nai, Noemí Gualinga, son tamén activistas medioambientais e membros activos na loita da comunidade Kichwa Sarayaku contra a explotación da selva amazónica por parte de empresas e do goberno ecuatoriano. A defensa dos dereitos indíxenas e territoriais de Gualinga comezou cando unha empresa petroleira coa axuda de tropas militares do goberno ecuatoriano comezou a explotar violentamente a terra indíxena da súa comunidade. Esta intrusión conduciu a unha batalla legal entre o goberno ecuatoriano e a comunidade de Sarayaku ante a Corte Interamericana de Dereitos Humanos, que finalmente resultou nunha vitoria para a comunidade de Sarayaku. Á idade de 18 anos, Gualinga representou á xuventude de Sarayaku na audiencia final do caso.

Estuda no departamento de Dereitos Humanos da Universidade de Lund.

Gualinga tivo unha bolsa indíxena en Amazon Watch onde desenvolveu a proposta para a súa propia organización non gobernamental destinada a facultar ós mozos e mulleres indíxenas de Sarayaku, e a protexer o sur da Amazonía sur ecuatoriana. A súa organización Hakhu Amazon Design vende xoias e accesorios artesanais feitos a man. Ela reclama ó goberno ecuatoriano que recoñeza a selva amazónica como un activo e que o goberno poña fin ós seus acordos contractuais coas principais empresas petroleiras e mineiras.

Tamén é activa como activista dos dereitos indíxenas a nivel internacional, cun enfoque na protección de fogares e terras contra os intereses corporativos. formou parte dun chamamento global para parar a extracción de combustibles fósiles na Marcha polo Clima dos Pobos en 2014. Tamén estivo entre os delegados que abogaron pola “protección dos Bosques Vivos” nas conferencias climáticas globais COP20 e COP21 en Lima e París respectivamente. No transcurso da COP21, chamou a atención sobre as demandas do seu pobo navegando polo río Sena en París nunha canoa desde o seu pobo. Foi integrante das mulleres indíxenas que marcharon en 2016 para unificar e defender os dereitos e territorios de mulleres de 7 nacionalidades. Gualinga botou máis luz sobre os efectos do cambio climático no pobo Kichwa na COP22 en Marrakech e animou ó goberno a dar prioridade ás accións climáticas para reducir as emisións de carbono para as persoas indíxenas. Formou parte da Rede de Acción polo Clima e a Terra de Mulleres (WECAN), Amazon Watch e a Delegación de Sarayaku en COP23 en Bonn e foi oradora no evento. Nina tamén formou parte da delegación de WECAN nas negociacións climáticas da COP25 en Madrid en 2019. No evento, mencionou que a saída da crise climática é escoitar ós indíxenas que foron os custodios da terra durante miles de anos. Deu unha conferencia sobre Pobos Indíxenas da Amazonía: Os Gardiáns do noso Futuro no Auditorio IAAC, Barcelona o 25 de febreiro de 2020.

Recoñecementos

Premio Internacional WWF Xuventude do Presidente

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Ecuador: One year after decisive ruling, Sarayaku struggle goes on", Amnesty.org, xullo de 2013 .

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Ecoloxistas de Ecuador Categoría:Indixenistas de América Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas