Anna Borysivna Sharyhina, nada c.1978, é unha feminista ucraína e activista LGBT. É cofundadora da Sphere Women's Association, unha organización feminista lésbica en Khárkiv, e do NGO Kyiv Pride, o comité organizador da Marcha do Orgullo en Kíiv.Claire Gaillard, Anna Sharyhina – Ukraine, Hope for the Future , Les Spread the Word, 5 de outubro de 2015. Traducido por Leanne Ross.

Sharyhina e a súa parella, Vira Chemygina, levan implicadas coa comunidade LGBT ucraína e organizacións de lesbianas durante máis dunha década. Organizaron as primeiras marchas de Kíiv pola igualdade. A segunda marcha de Kíiv pola igualdade, celebrada en 2015, estivo acompañada pola policía e contou co apoio de diversas figuras públicas. Con todo, a marcha só durou 15 minutos debido á violencia de extrema dereita contra os manifestantes. Dez persoas, incluíndo a policías que custodiaban o evento, resultaron feridas.Clara Marchaud, Kyiv Pride week events to raise awareness, defend LGBTQ rights, Kyiv Post, 8 de xuño de 2018.

A actividade feminista e LGBT de Sharyhina enfrontouse a unha continua oposición en Ucraína. Cando deu unha conferencia sobre movementos LGBT nunha librería de Khárkiv, a reunión tivo que ser trasladada dúas veces: primeiro ó centro de prensa Nakipelo de Khárkiv e despois ó centro Izolyatsiya de Kíiv.Ganna Grytsenko, What are the real barriers to freedom of assembly in Ukraine?, openDemocracy, 16 de maio de 2018. PrideHub, un centro comunitario de Khárkiv, foi atacado por homes enmascarados con granadas de fume en xullo de 2018; o edificio foi vandalizado máis tarde con graffitis e sangue de animais. Aínda que se puxeron denuncias na policía, e foron enviadas sobre 1,000 cartas de queixa ó Ministro do Interior Arsen Avakov, ninguén foi castigado pola a ofensa.Anna Nemtsova, Mike Pompeo Snubs Ukraine’s Embattled LGBTQ Community, The Daily Beast, 31 de xaneiro de 2020.

En marzo de 2019, Sharyhina estaba entre as que organizaron a Semana de Solidariedade das Mulleres en Khárkiv durante a primeira semana de marzo:

En xaneiro de 2020 Sharyhina criticou a Mike Pompeo por visitar Ucraína sen reunirse cos líderes da comunidade LGBTQ.Lily Wakefield, US Secretary of State Mike Pompeo refuses to meet with LGBT activists in Ukraine, Pink News, 1 de febreiro de 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Story no.11. Anna Sharyhina, Gay Alliance Ukraine, 25 de novembro de 2015. Chanelle Grand, Portrait : Anna Sharyhina, militante et directrice de la marche de la fierté LGBT en Ukraine, STOP Homophobie, 5 de outubro de 2015. Hanna Sokolova, anna-sharyhina-interview-en/ “When we compromise, it’s as if we admit we’re not equal”: Anna Sharyhina on feminism and LGBT rights in Ukraine, openDemocracy, 22 de maio de 2019.

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Feministas de Ucraína Categoría:Nados en Ucraína