Amanda Gorman, nada nos Ánxeles o 7 de marzo de 1998, é unha poeta e activista estadounidense, laureada como Poeta Nacional Xuvenil. A súa obra céntrase en cuestións de opresión, feminismo, raza e marxinación, así como na diáspora africana. Publicou o libro de poesía The One for Whom Food Is Not Enough en 2015. En xaneiro de 2021 converteuse na poeta máis nova en ler nunha investidura presidencial, co seu poema "The Hill We Climb" (A montaña que escalamos), na toma de posesión de Joe Biden.
Traxectoria Gorman e os seus dous irmáns foron criados pola súa nai, unha profesora chamada Joan Wicks. Ten unha irmá xemelga, Gabrielle, que é activista. Gorman afirmou crecer nun ambiente con acceso limitado á televisión, e amais tivo un impedimento da fala cando era nena. Describiuse a si mesma como unha "nena rara" que gozaba da lectura e a escritura, actividades que foron alentadas pola súa nai. Declarou ter unha desorde de procesamento auditivo e ser hipersensible ao son.
Gorman asistiu a New Roads, unha escola privada en Santa Mónica, para os graos K-12, e estudou socioloxía na Universidade Harvard. Mentres estaba nesa universidade, converteuse na primeira persoa moza en ser laureada como nova poeta nacional en abril de 2017, elixida entre cinco finalistas.
Quixo converterse en delegada da mocidade para a Organización das Nacións Unidas en 2013 despois de ver un discurso da gañadora paquistaní do Premio Nobel da Paz Malala Yousafzai. Gorman foi elixida como a nova poeta laureada dos Ánxeles en 2014. Publicou o libro de poesía The One for Whom Food Is Not Enough en 2015.
É a fundadora de One Pen One Page, unha ONG que dirixe un programa de escritura e liderado xuvenil. En 2017 converteuse na primeira nova poeta que abriu a tempada literaria da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e leu a súa poesía na canle MTV. A Biblioteca e Museo Morgan adquiriu o seu poema "In This Place (An American Lyric)" e exhibiuno en 2018 preto das obras de Elizabeth Bishop. En 2017 converteuse na primeira autora en aparecer no Libro do Mes do Instituto XQ, un programa mensual onde se comparten os libros favoritos da Xeración Z. Escribiu unha homenaxe aos atletas negros para Nike, e ten un acordo con Viking Children's Books para escribir dous libros infantís ilustrados.
En 2017 dixo que quere postularse para presidenta dos Estados Unidos en 2036.
A súa arte e activismo céntranse en temas de opresión, feminismo, raza e marxinación, así como na diáspora africana.
O 20 de xaneiro de 2021, con 22 anos, recitou un poema na investidura de Joe Biden. Converteuse, así, na poeta máis nova en ler nunha toma de posesión presidencial. Despois do 6 de xaneiro de 2021 modificou a redacción do seu poema para abordar o asalto ao Capitolio dos Estados Unidos.
A National Football League contratouna para recitar un poema orixinal como parte da cerimonia de inauguración da tempada en febreiro de 2021. O obxectivo era sinalar o recoñecemento a tres capitáns honorarios da liga, representantes dos miles de profesionais médicos e educativos, e mais dos veteranos que se preocuparon de atender as persoas máis necesitadas durante a pandemia de COVID-19.
Obra Libros
Audiolibros Change Sings: A Children's Anthem, 2021, Audible (). 10 mins. The Hill We Climb and Other Poems, 2021, Audible (). 1 hr.
Artigos "How Poetry Gave Me a Voice". 21 de novembro de 2014. The Huffington Post. . "Touching a Diverse Audience: A Conversation With Author Sharon G. Flake". 30 de xaneiro de 2015. The Huffington Post. ISSN 2369-3452. "Meet Laya DeLeon Hayes, Voice Of Doc McStuffins". 9 de agosto de 2016. The Huffington Post. ISSN 2369-3452. "Poetry, Purpose, and Path: An Interview with Los Angeles Poet Laureate Luis Rodriquez" [sic]. 9 de agosto de 2016. The Huffington Post. ISSN 2369-3452. "Native People Are Taking Center Stage. Finally.". 17 de novembro de 2018. The New York Times. . "I'm Not Here to Answer Your Black History Month Questions". 13 de febreiro de 2019. The New York Times. ISSN 0362-4331.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web
Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Poetas en lingua inglesa