Alan Bartlett Shepard Jr., nado en Derry, New Hampshire, o 18 de novembro de 1923 e finado o 21 de xullo de 1998, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Redstone 3 e Apollo 14. Foi o primeiro estadounidense en chegar ao espazo.

Traxectoria Shepard graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1944 e tiña un máster pola faculte Dartmouth en 1962. Foi un dos seleccionados como primeiros candidatos a astronauta pola NASA, en abril de 1959. O 5 de maio de 1961 converteuse no primeiro estadounidense en chegar ao espazo na misión suborbital Mercury-Redstone 3. En 1971 participou como comandante na misión lunar Apollo 14. Pasou un total de 9,01 días no espazo. Faleceu o 21 de xullo de 1998.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mercury-Redstone 3 Apollo 14

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1998