Aníbal Montero Soca, nado en Maciel, Paraguai, o 12 de xuño de 1949, é un ex futbolista e adestrador paraguaio.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Uruguai, onde xogou no Club Atlético Cerro, antes de dar o salto a Europa en 1971, cando fichou polo Elche, da Segunda División, adestrado polo arxentino Roque Olsen. Na súa segunda tempada en España, anotou contra o Barakaldo o gol que lle daba ao Elche o segundo ascenso a Primeira División da súa historia. Xogou cinco anos máis no club ilicitano en Primeira, ata o descenso do equipo na tempada 1977/78. Disputou un total de 232 partidos oficiais co Elche, anotando 11 goles.
En xullo de 1978 fichou polo Deportivo da Coruña, na Segunda División. Xogou 19 partidos no club galego, que completou unha mala campaña acabando preto do descenso. Con todo, non chegou a rematar a tempada, pois tras perder varios partidos por unha lesión no tendón de Aquiles o seu contrato foi rescindido en marzo.
Posteriormente xogou no Alicante e o CE Europa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Paraguai Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Atlético Cerro Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Alicante CF Categoría:Xogadores do CE Europa