Xosé Otero Otero, nado na Cruz (Taragoña, Rianxo) o 1 de abril de 1893 e finado en Buenos Aires en 1984, foi un xornalista e dramaturgo galego.
Traxectoria Era o maior de sete irmáns. Asistiu á escola ata os doce anos, e foi alumno avantaxado. Emigrou á Arxentina aos dezaseis anos. Con 20 anos volveu a Galicia para facer o servizo militar, e estivo catro anos coma mariñeiro no acoirazado España. Ao rematar casou en Taragoña con María Lorenzo, retornando a Arxentina. Foi secretario da Sociedad Ayuntamiento de Rianjo y Taragoña -unificadas- e redactor durante moitos anos da revista bonaerense Rianxo editada pola sociedade. Como dramaturgo estreou as pezas Ideas novas (1926) e O Moucho. Asemade publicou a peciña O feitizo da gaita (Revista Rianxo, nº 3, setembro do 1950).
Xubilado dunha empresa de tranvías, viviu nunha residencia de anciáns, onde morreu aos 91 anos.
Obras Ideas novas, 1926. O moucho.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes