James Andrew Eric Phelps e Oliver Martyn John Phelps, nados o 25 de febreiro de 1986, son dous actores xemelgos ingleses. Son coñecidos polos seus respectivos papeis nos filmes de Harry Potter como Fred e George Weasley.

Traxectoria James e Oliver Phelps naceron en Sutton Coldfield, en Birmingham, o 25 de febreiro de 1986. Son os únicos fillos de Susan (nada Spare) e Martyn Phelps. Oliver é o maior dos dous por 13 minutos. Os xemelgos asistiron á Escola Primaria Little Sutton e á Escola Secundaria Arthur Terry. Durante a rodaxe da serie de filmes Harry Potter, foron titorizados no set de rodaxe.

No ano 2000, e malia non ter experiencia previa na interpretación, os xemelgos faltaron á escola para asistir a unha audición aberta en Leeds. Logo de seis audicións, os xemelgos foron escollidos para intepretar a Fred e George Weasley no filme Harry Potter e a pedra filosofal. Logo da primeira sesión de lectura do guión, James foi escollido para o papel de Fred e Oliver para o de George.

miniatura|James e Oliver para Harry Potter e a Cámara dos Segredos.

Ademais de actuar, James Phelps traballou como parte do equipo de rodaxe de Harry Potter e o misterio do príncipe e en The Da Vinci Code. En 2009, os xemelgos apareceron no quinto episodio da terceira tempada da serie Kingdom.

Filmografía +AnoPelículaPersonaxe de JamesPersonaxe de Oliver2001Harry Potter e a pedra filosofalFred WeasleyGeorge weasley2002Harry Potter e a Cámara dos Segredos2004Harry Potter e o preso de Azkaban2005Harry Potter e o Cáliz de fogo2007Harry Potter e a Orde do Fénix2009Harry Potter e o misterio do príncipe2010Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)2011Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)

+Videoxogos Ano Título Papel de James Papel de Oliver Notas2007Harry Potter and the Order of the PhoenixFred Weasley (voz)George Weasley (voz)Videoxogo2010Harry Potter and the Deathly Hallows – Part 1

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra