Pedro Castro Eiroa, nado en Mera o 25 de novembro de 1947, é un exfutbolista galego, que desenvolveu a súa carreira en Venezuela. Defendeu durante máis dunha década a camiseta do Deportivo Galicia e foi capitán da selección venezolana.

Traxectoria Xogou no Hércules de San Pedro de Nós, antes de emigrar coa súa familia a Venezuela. En Caracas xogou no Sporting Coruñés, adestrado por Antonio Villar Chao, conquistando o Torneo Ibérico e en 1968 levouno para o Deportivo Galicia Lázaro Candal, secretario técnico do club.

En 1971 foi chamado polo adestrador galego Eduardo Toba para facer unha proba co Real Oviedo. Ademais adestrou co Deportivo da Coruña ás ordes de Arsenio pero acabou regresando a Caracas. Xogou no Galicia ata 1982, conquistando tres veces a Primeira División de Venezuela e outras tres a Copa de Venezuela.

Tras a súa retirada traballou coas categorías inferiores da selección venezolana.

Selección de Venezuela Debutou coa selección venezolana o 31 de xullo de 1975, nun partido da Copa América fronte ao Brasil en Caracas. Ao comezo da segunda parte sufriu unha grave lesión que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante dous anos. Con todo, volveu á selección anos despois e converteuse no seu capitán. Xogou o seu último partido coa Viño Tinto o 28 de xuño de 1981 fronte a España.

Palmarés

Sporting Coruñés

Torneo Ibérico (1): 1967/68.

Deportivo Galicia

Primeira División de Venezuela (3): 1969, 1970 e 1974. Copa Venezuela (3): 1969 , 1979 e 1981.

Notas

Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1947 Categoría:Futbolistas de Oleiros Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Venezuela