Stephanie Turco Williams é unha diplomática estadounidense. Desempeñou as súas funcións diplomáticas nas Embaixadas dos Estados Unidos en Bahrein, Xordania, Iraq e Libia.

A partir de xullo de 2018, exerceu o cargo de Xefa Adxunta da UNSMIL, a Misión de Nacións Unidas en Libia. Posto que o cargo de Xefe da Misión e Representante Especial do Secretario Xeral da ONU quedou vacante desde o 3 de marzo de 2020 trala dimisión de Ghassan Salamé, Williams exerceu na práctica como a máxima coordinadora da Misión da ONU para Libia durante os meses seguintes.

Williams é responsable de coordinar un alto o fogo e o chamado Foro para a Paz Libia, un dos avances máis significativos no conflito tras anos de guerra. Grazas ás negociacións coordinadas por Williams, en febreiro de 2021, este Foro para a Paz puido alcanzar o consenso para seleccionar un novo Consello Presidencial de tres membros e un novo Primeiro Ministro, que en marzo de 2021 estaban pendentes de obter a ratificación da Cámara de Representantes de Libia.

En xaneiro de 2021, o Secretario Xeral de Nacións Unidas designou como o seu novo Representante Especial para Libia ao diplomático e exministro eslovaco Ián Kubis, que tomou posesión do seu cargo e desprazouse a Libia en febreiro do mesmo ano.

Notas

Categoría:Nados nos Estados Unidos de América Categoría:Diplomáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados no século XX