Dores Jiménez Hernández, nada en Cidade de México o 1 de abril de 1955, é unha diplomática mexicana, que actualmente traballa como embaixadora de México en Honduras.

Traxectoria É licenciada en Relacións Internacionais pola Universidade Nacional Autónoma de México. Os seus estudos de especialización en Diplomacia realizounos na Universidade Nacional de Australia. Foi asistente de finanzas e de actas das Reunións do Consello Coordinador Empresarial (1976-1979). Posteriormente, foi analista de Asuntos financeiros internacionais na Secretaría de Facenda e Crédito Público (1980-1981). 

En 1982 ingresou no Servizo Exterior Mexicano. Na Secretaría de Relacións Exteriores traballou como Xefa do Departamento para o Pacífico Oriental (1984-1985) e como Subdirectora para Xapón na Dirección Xeral para o Pacífico (1986-1991). Así mesmo, traballou como Asesora do Subsecretario para as Nacións Unidas (2002-2003) e Directora Xeral Adxunta para a Asemblea Xeral e Organismos Especializados do Sistema das Nacións Unidas (2004-2007).

No exterior foi Delegada ante a Misión Permanente de México ante os Organismos Internacionais con sede en Xenebra, que inclúen a Organización Mundial da Saúde (OMS); a Organización Internacional do Traballo; a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI); a Unión Internacional para a Protección das Obtencións Vexetais; a Organización Internacional para as Migracións; as Reunións do Consello Económico e Social das Nacións Unidas, e as Reunións e Conferencias das partes dos Convenios sobre o Cambio Climático e a Diversidade Biolóxicadurante (1991-1997).

Foi funcionaria na Organización Mundial da Propiedade Intelectual, traballou como Directora de Desenvolvemento de Políticas e Relatora da Comisión Asesora de Políticas (1999-2002); así mesmo como Conselleira Principal da Dirección de Planificación Estratéxica e Secretaria do Grupo de Desenvolvemento de Políticas (1998- 1999).

Traballou como representante Permanente Alterna ante a Organización da Aviación Civil Internacional de 2007 a 2011, con sede en Montreal e co mesmo cargo na Organización dos Estados Americanos (OEA), en Washington de 2011 a 2015.

En 2015 foi designada como embaixadora de México na República de Honduras, onde traballou por ampliar a cooperación entre México e Honduras, en materia de seguridade, desastres naturais e migración.

Notas

Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1955 Categoría:Embaixadores de México