Rosalind Mary Marsden, nada o 27 de outubro de 1950, é unha diplomática británica e funcionaria pública comprometida coa defensa dos dereitos das mulleres. Foi embaixadora en Afganistán (2003-2007) e Sudán (2007-2010), e cónsul xeral en Basora (Iraq) (2006-2007). En 2010 converteuse na primeira muller Representante Especial da Unión Europea no Sudán de 2010 a 2013.

Traxectoria Licenciada en Historia Moderna no Somerville College, Oxford e doutorada no St Antony's College, Oxford. Incorporouse ao servizo diplomático británico en 1974 no departamento de Oriente Medio e África do Norte. De 1976 a 1980 foi segunda secretaria e posteriormente primeira secretaria da embaixada británica de Tokio. En 1985 traballou na embaixada británica de Bonn, de 1999 a 2003 estivo á fronte da dirección de Asia-Pacífico data na que exerceu o posto de embaixadora británica en Cabul (2003-2006). En Cabul apoiou especialmente a Hora da Muller Afgá, un programa de radio para mulleres da BBC World Service Trust, que se transmitiu na Radio do Servizo Mundial.Afghan Woman's Hour , BBC, UK.

De 2006 a 2007 foi Cónsul Xeral Británica en Basora (Iraq) ata que en 2007 foi nomeada embaixadora británica no Sudán.

Estivo á fronte da embaixada até 2010 cando foi nomeada Representante Especial da UE para Sudán e Sudán do Sur substituíndo ao danés Torben Brylle.

Rosalind é mecenas da organización benéfica Kids for Kids, que axuda a nenos en Darfur, Sudán. Actualmente é membro asociado do Programa de África en Chatham House.

Recoñecementos

Orde de San Miguel e San Xurxo en 2010.2010 New Year Honours List, The Guardian, 2010. Tamén é bolseira honoraria da Somerville College, Oxford.

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Embaixadores do Reino Unido