Maria Lea Pedini Angelini, nada en San Marino o 15 de xullo de 1954, é unha política e diplomática sanmarinense. Pertence ao Partido Demócrata Cristián Sanmarinense.
Traxectoria Licenciouse na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de Boloña en 1976, cunha tese sobre a museografía na tradición dos canteiros de San Marino.
En abril de 1981 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de Capitán Rexente de San Marino, xunto a Gastone Pasolini.Le donne Reggenti
Desde 1983 até 2006 foi directora da Oficina de Asuntos Culturais e de Información, no Departamento de Asuntos Exteriores. Máis tarde converteuse en directora do Departamento de Asuntos Europeos.
Desde 1995 é embaixadora de San Marino en Suecia.Ambascita di San Marino presso il Regno di Svezia
En 1998 recibiu do entón Presidente de Italia Óscar Luigi Scalfaro a Orde do Mérito da República Italiana.Maria Lea Pedini - Cavaliere di Gran Croce Ordine al Merito della Repubblica Italiana
En 2005 atopábase entre os socios que refundaron a Sociedade Dante Alighieri en San Marino, que fora disolta en 1974.
Cara a 2007 foi directora xeral do Departamento de Asuntos Exteriores e máis tarde foi embaixadora.
En 2016, 35 anos despois do seu nomeamento, foi emitido na súa honra un selo de € 2,55 por parte da Azienda Autonoma di Stato Filatelica e Numismatica.Cod. 629 - 35° anniversario della prima donna Capitano Reggente35 anni fa la salita alla Suprema Magistratura dello Stato come prima Donna Reggente celebrata in una emissione filatelica e un annullo postale accolta con stima dai Capi di Stato
Recoñecementos
Cabaleiro da Orde ó Mérito da República Italiana, Italia, 3 de marzo de 1998. Condecorada polo presidente da república Óscar Luigi Scalfaro,
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Capitáns Rexentes de San Marino Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en San Marino Categoría:Diplomáticos Categoría:Personalidades de San Marino