O Montevideo Wanderers Fútbol Club, é un club deportivo uruguaio da cidade de Montevideo fundado en 1902. Os seus seareiros son alcumados "bohemios" ou "vagabundos" e milita na Primeira División do Uruguai. O seu estadio é o Parque Alfredo Viera, con capacidade para 15 000 espectadores no barrio do Prado de Montevideo. Orixe O equipo naceu o 15 de agosto de 1902. Sobre a procedencia do nome hai dúas teorías: dunha parte uns afirman que os seus fundadores admiraban o Wolverhampton Wanderers F.C., un club británico; mentres que outros consideran que foron chamados vagabundos polos seareiros do Albion, un equipo de moita sona na época. esquerda|miniatura|Estadio Parque Alfredo Victor Viera (Montevideo)

Palmarés Estes son algúns dos títulos máis senlleiros do Montevideo Wanderers ao longo da súa traxectoria: esquerda|miniatura|Equipo do Wanderers que gañou a liga de 1906

Campión Uruguaio: 1906, 1909, 1923, 1931. Campión da Copa de Honra: 1908, 1910, 1937. Campión da Copa e Campionato Competencia: 1906, 1908, 1911, 1917, 1918, 1987, 1990. Campión da Liga Pre-Libertadores de América: 1987, 2001. Campión de Clausura e primeiro posto na táboa anual: 2013 – 2014. Campión Copa Montevideana: 1980, 1981, 1985.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Montevideo Wanderers Fútbol Club (en castelán)

Categoría:Equipos de fútbol do Uruguai Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1902 Categoría:Montevideo