José Gutiérrez Mijares, nado en Luanco, Asturias, o 16 de marzo de 1920 e finado o 7 de febreiro de 1989, foi un futbolista español que xogaba como dianteiro.
Traxectoria Entre 1939 e 1941 xogou no Avilés, disputando 27 partidos de Segunda División, nos que anotou 17 goles. Ao remate da tempada 1940/41 fichou polo Sporting de Gijón, co que disputou a Copa do Xeneralísimo dese ano, marcando seis goles en catro partidos. Na tempada 1941/42 anotou 18 goles en 12 partidos de liga, sendo o máximo goleador do campionato, con dous goles máis que Pruden e Sanz. Marcou ademais outros seis goles na fase de ascenso a Primeira, pero o equipo non conseguiu subir á máxima categoría. Na tempada 1942/43 anotou 13 goles e na seguinte marchou ao Valladolid.
En 1945 fichou polo Deportivo da Coruña adestrado por Hilario Marrero. Con 9 goles en 18 partidos foi o máximo goleador do equipo ese ano, no que o Deportivo logrou o segundo ascenso a Primeira División da súa historia.
Na tempada seguinte foi para o Mallorca, onde permaneceu tres anos, o último deles na Terceira División despois de descender na 1947/48. A continuación pasou polo Lleida e a Gimnástica de Torrelavega antes de volver ao Mallorca en 1951.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Gozón Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores da Gimnástica de Torrelavega