Os cantos das labradas son cantos de traballo cos que en Galiza se acompañaban tradicionalmente as labradas colectivas das leiras, nos meses de abril e maio.

Características miniatura|Algúns dos cantos das labradas acompañábanse da música producida polos sachos. Durante o proceso da labranza primaveral dos terreos entoábase, cando menos nas comarcas do sur de Pontevedra, un conxunto de cantos para acompañaren o traballo. Deste xeito, as labradas non eran só un labor agrario senón tamén unha festa. A celebración permitía esquecer por momentos a dureza da tarefa, alén de fortalecer as relacións entre os membros da colectividade.

Nos cantos das labradas inclúense cantos que abranguen todo o ciclo de preparación das veigas:

O cantar de arada, cantares que se botan ao marcar os regos co arado. A aña, un cantar que se botaba ao remate dunha competencia amigábel entre dous grupos de labregos. O grupo vencedor, o que primeiro remataba a súa parte, gañaba a aña, é dicir o dereito a cantarlle ao outro grupo cantigas de escarnio. Os cantos da aña acompañábase dos petos das pedras contra os sachos a ritmo de muiñeira ou xota e, nalgúns lugares, daban lugar a un baile na propia veiga, o baile das labradas. O agradecemento, finalizado o traballo era tradición que o "amo", o dono da leira labrada, ofrecese aos veciños unha merenda campestre durante a que botaban cantigas en agradecemento polo banquete.

En xuño, a veciñanza volvíase xuntar para sachar o veiga, é dicir, rarear o millo e remover as malas herbas. Para esta ocasión volvían a existir cantigas específicas: os cantos de sachadas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Labradas Aña Baile das labradas

Ligazóns externas

Os ciclos do ano en Toutón - TVG (Alalá nº 59 - 2008)

Labrada en Queimadelos - ACF O Fiadeiro - Luar (01/2018) - TVG - Youtube.

O ritual da i-aña, as labradas e as sachadas - Gillerme Inácio Costa - Lume na Palleira (11/2020) - Radio Galega.

Categoría:Cultura de Galicia Categoría:Etnografía galega Categoría:Tradicións Categoría:Música tradicional galega Categoría:Canto tradicional galego