Following é un filme británico de 1998 escrito e dirixido por Christopher Nolan. Conta a historia dun home novo que segue a estraños polas rúas de Londres e vese envolto no mundo criminal ó non poder manter a distancia.

Foi o primeiro filme dirixido por Nolan e foi deseñado para ser o máis barato posible na produción. As escenas ensaiáronse moito, polo que só se precisaron unha ou dúas tomas para economizar no material de película de 16 mm, o maior gasto da produción, e polo cal Nolan pagaba co seu salario. Ao non poder permitirse o custoso equipo de iluminación profesional, Nolan empregou principalmente a luz dispoñíbel. Ademais de escribir, dirixir e fotografar o filme, Nolan tamén axudou na edición e produción.

Following estreouse a través de The Criterion Collection en formato Blu-ray e DVD en América do Norte o 11 de decembro de 2012.

Personaxes

Jeremy Theobald Bill / Daniel ("Danny") Lloyd Alex Haw como Cobb Lucy Russell como a loira John Nolan como o policía Dick Bradsell como o home calvo Gillian El-Kadi como propietaria da vivenda Jennifer Angel como camareira Nicolas Carlotti como camareiro Darren Ormandy como contable Guy Greenway como Heavy #1 Tassos Stevens como Heavy #2 Tristan Martin como home no bar Rebecca James como muller no bar Paul Mason como amigo da propietaria David Bovill como marido da propietaria

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes independentes do Reino Unido