O parque da igrexa de Pyynikki (en finés como Pyynikin kirkkopuisto), anteriormente chamado parque de Alexandre (en finés Aleksanterin kirkkopuisto), é un parque situado no barrio de Kaakinmaa ao redor da igrexa de Alexandre, no centro da cidade de Tampere (Finlandia).
O parque está situado onde orixinalmente se encontraba o antigo cemiterio da cidade, fundado en 1785, e que foi o primeiro da cidade. Na década de 1880 o cemiterio caeu en desuso cando se finalizou a construción do novo cemiterio de Kalevankangas en 1880. Ese mesmo ano comezou a construción da igrexa de Alexandre entre o cemiterio e a Esplanada, cuxa primeira pedra se colocou o 2 de marzo de 1880..
En 1813 plantáronse os bidueiros no cemiterio pero a principios da década de 1880 o xardineiro da cidade Karl Johan Gauffin deseñou un novo parque ao redor da nova igrexa, onde entre outras plantáronse sauces prateados, alerces siberianos e olmos. Na época do seu sucesor Onni Karsten o parque foi renovado en 1898, reducindo o número de árbores e construíndo novos accesos. Aínda que o cemiterio é un parque dende hai máis de cen anos, aínda se conservan numerosas tumbas antigas.
Durante a guerra civil en 1918, excavouse unha fosa común ao carón da igrexa, na que se enterraron aos vermellos executados. As tumbas non están marcadas e sobre elas pasan corredores do parque. Con todo, de acordo con algunhas investigacións, esta información non é correcta.
No parque crece o lárice europeo máis groso de Finlandia, que ten unha circunferencia de 457 centímetros.
Personalidades enterradas no parque Gustaf Lundahl, comerciante. Johanna Wilhelmina Orell, comerciante.
Notas
Categoría:Parques de Tampere