O Bank of North Dakota (BND, en galego Banco de Dacota do Norte), é unha institución financeira propiedade do estado de Dacota do Norte. Fundado en 1919 é o o único banco público dos Estados Unidos e ten a súa oficina principal en Bismarck, a capital do estado. Orixes miniatura|Manifestante en Wall Street en Nova York, outubro de 2011 A principios do século XX, Dacota do Norte dependía dunha economía baseada na agricultura. Con todo, os labregos sufrían a que a especulación dos intermediarios e os caros empréstitos da banca, fundamentalmente dependente de zonas afastadas a Dacota do Norte como Minneapolis e Chicago. Así na década de 1910 artellaron un movemento reivindicativo co obxectivo de forzar ás institucións públicas a atender á problemática, a Non Partisan League. Esta formación gañou as eleccións estatais de 1918 e un ano máis tarde, co obxectivo de facilitar o crédito barato aos campesiños, creouse o Banco de Dacota do Norte, cun capital de 2 millóns de dólares. A conexión entre os líderes da Non Partisan League e os socialistas americanos fixo que, no momento do seu nacemento, o Banco de Dacota do Norte fose atacado por algúns sectores por consideralo propio do comunismo ou antipatriótico, mais as autoridades do estado mantiveron a institución.
Modelo de negocio O Banco de Dacota do Norte recibe como depósitos o conxunto do recadado polas taxas e impostos recibidos polo estado. Debe contribuír o desenvolvemento agrario, comercial e industrial de Dacota do Norte polo que opta por cobrar xuros máis reducidos ás pemes ou facilitar os créditos para os estudantes universitarios. Ademais, o Banco de Dacota do Norte entrega os seus beneficios ao estado para financiar programas especiais. Calcúlase que dende 1945 o Banco achegou máis de mil millóns de dólares do seu lucro a Dacota do Norte.
No contexto da crise económica e financeira que se prolongou de 2007 e 2013, dende distintos sectores louvouse o Banco de Dacota do Norte como un exemplo modélico de banco público espertando o interese doutros estados dos Estados Unidos que exploraron a posibilidade de crear institucións semellantes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Banco de Dacota do Norte (en inglés) Web sobre o centenario do Banco de Dacota do Norte (en inglés)
Categoría:Dacota do Norte Categoría:Bancos e caixas de aforro