Helen Elizabeth McCrory, nada en Londres o 17 de agosto de 1968 e finada ibídem o 16 de abril de 2021, foi unha actriz inglesa. Logo de estudar no Drama Centre London, fixo o seu debut no teatro en The Importance of Being Earnest en 1990. Outros papeis salientables no teatro inclúen a Lady Macbeth en Macbeth en Shakespeare's Globe, Olivia en Twelfth Night e Rosalind en As You Like It en West End.
McCrory interpretou o papel de Cherie Blair en The Queen (2006) e The Special Relationship (2010). Tamén interpretou a Françoise no filme Charlotte Gray (2001), Narcissa Malfoy nos tres últimos títulos da serie de filmes de Harry Potter, Mama Jeanne en Hugo (2011) de Martin Scorsese, Clair Dowar en Skyfall (2012), Polly Gray en Peaky Blinders (2013–2019), Emma Banville en Fearless (2017) e Kathryn Villiers en MotherFatherSon (2019).
Morte McCrory morreu de cancro no seu fogar en Londres o 16 de abril de 2021, con 52 anos. No anuncio da súa morte a través de Twitter, o seu marido Damian Lewis declarou que ela morreu "tranquila na casa, rodeada dunha onda de amor de amigos e familiares".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 2021 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Ingleses de ascendencia galesa Categoría:Ingleses de ascendencia escocesa