A dos adéfagos (Adephaga) é unha suborde de insectos da orde dos coleópteros. Comprende numerosas especies, entre elas as dos coñecidos ditíscidos e carábidos.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1806 polo naturalista suízo Johann Rudolph Schellenberg.Adephaga Schellenberg, 1806 no ITIS.

Etimoloxía O nome científico Adephaga deriva do grego antigo ἀδηφάγα adēphága, neutro plural de ἀδηφάγος adēphagos, "comellón",Adephaga no Merriam-Webster Dictionary. en alusión á voracidade destes insectos, que son na súa maioría carnívoros.

Clasificación A súa clasificación, aínda suxeita a discusión, comprende cinco superfamilias, coas seguintes familias: Superfamilia Gyrinoidea Familia Gyrinidae Latreille, 1810 Superfamilia Haliploidea Familia Haliplidae Aubé, 1836 Superfamilia Meruoidea Meruidae Spangler & Steiner, 2005 Superfamilia Dytiscoidea Familia Noteridae C. G. Thomson, 1860 Familia Amphizoidae LeConte, 1853 Familia Aspidytidae Ribera, Beutel, Balke & Vogler, 2002 Familia Dytiscidae Leach, 1815 Familia Pelobiidae Erichson, 1837 (antigamente Hygrobiidae Régimbart, 1878) Superfamilia Caraboidea Familia Carabidae Latreille, 1802 (incl. Cicindelidae Latreille, 1802 e Rhysodidae Laporte, 1840) Familia Trachypachidae C. G. Thomson, 1857

Familias fósiles Colymbothetidae Ponomarenko, 1993 Coptoclavidae Ponomarenko, 1961 Liadytidae Ponomarenko, 1977 Parahygrobiidae Ponomarenko, 1977 Triaplidae Ponomarenko, 1977

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Coleópteros

Ligazóns externas Adephaga en The Tree of Life. Adephaga na EOL.

Categoría:Adephaga