Piedade Bonnett, nada en Amalfi, Antioquia, 1951, é unha poeta, novelista, dramaturga e crítica literaria colombiana.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía e Letras da Universidade dos Andes, onde exerceu como profesora en filosofía e linguas. A súa poesía, teatro e narrativa están profundamente arraigadas na súa experiencia vital e expresan a visión da muller de clase media nun país esgazado por múltiples violencias, desigualdades e conflitos. Desenvolveu, ademais, un frutífero labor crítico e de difusión da poesía. É columnista do xornal El Espectador desde 2012.
Co primeiro dos seus libros, De círculo y ceniza, recibiu mención de honra no Concurso Hispanoamericano de Poesía Octavio Paz (Festival de Arte de Cali, Colombia). Con El hilo de los días gañou o Premio Nacional de Poesía outorgado polo Instituto Colombiano de Cultura, Colcultura, en 1994 e, con Explicaciones no pedidas, o Premio Casa de América de Poesía Americana 2011. No XIV Encontro de Poetas do Mundo Latino, que tivo lugar en Cidade de México e Aguascalientes entre o 25 e o 31 de outubro de 2012, foille outorgado o premio de poesía Poetas do Mundo Latino Víctor Sandoval 2012 pola súa contibución á lingua castelá. En 2017 recibiu o premio Xeración do 27 por Los habitados.
Foi merecedora, en 1998, dunha das bolsas de Investigación do Ministerio de Cultura, co proxecto “Cinco entrevistas a poetas colombianos”, que dá orixe ao seu libro Imaginación y oficio, publicado pola Universidade de Antioquia, 2003. E en 1992, da Bolsa Francisco de Paula Santander para un traballo de dramaturxia.
Publicáronse contos e ensaios seus en distintas revistas e xornais do país e do estranxeiro. Representou a Colombia en numerosos encontros de poesía en Granada (España), Córdoba (España), Morelia (México), Rosario (Arxentina) e Medellín (Colombia), entre moitos outros, e en encontros literarios como o Festival de Literatura de Berlín e o Hay Festival de Segovia. En 2008 foi a poeta homenaxeada pola Consellería para a equidade da Muller da Presidencia da República, durante a Feira do libro de Bogotá.
A súa poesía foi traducida ao italiano, ao inglés, ao francés, ao sueco, ao grego e ao portugués.
Publicacións
Poesía De círculo y ceniza, Ediciones Uniandes, 1989 Nadie en casa, Fundación Simón y Lola Gubereck, 1994; en 2006 a Universidad Externado de Colombia reimprímeo como o nº 20 da colección "Un libro por centavos" El hilo de los días, Colcultura, 1995 Ese animal triste, Editorial Norma, 1996 Todos los amantes son guerreros, 1998; en 2008 a Universidade dos Andes publica reimpresión deste poemario na súa colección 60 anos Las tretas del débil, Punto de lectura, 2004 Las herencias, Visor, 2008 Explicaciones no pedidas, Visor, 2011 Los habitados, Visor, 2017 Daniel. Voces en duelo con Chantal Maillard. Vaso Roto Ediciones.
Novelas Después de todo, Alfaguara, 2001 Para otros es el cielo, Alfaguara, 2004 Siempre fue invierno, Alfaguara, 2007 El prestigio de la belleza, Alfaguara, 2010 Lo que no tiene nombre, Alfaguara, 2013 Donde nadie me espere, Alfaguara, 2018
Entrevistas Imaginación y oficio: conversaciones con seis poetas colombianos, Universidade de Antioquia, 2003
Antoloxías Antología, Universidad Nacional de Colombia, 1998 No es más que la vida, Arango Editores, 1998 Lo demás es silencio: antología poética, Editorial Hiperión, 2003 Los privilegios del olvido, Fondo de Cultura Económica, 2008 Fouci fauto, antoloxía de poemas en italiano publicada pola editorial Forme libere de Trento, coa tradución de Luca Baú, 2012 Poemas de amor, Frailejón, 2013 Poesía reunida, 2015 En caso de emergencia, 2018
En coautoría Daniel Segura Bonnett (1983-2011) dibujos, pinturas y grabados, 2013, con Lucas Ospina
Algúns textos en revistas "¿Cómo me hice novelista?", en: Revista pie de Página # 2 "Todos tan contentos", en: Revista Número # 50, 2006 "Fracasar cada vez mejor", en: Revista Número # 57, 2008 "País de Novela; conversa con William Ospina, Darío Jaramillo e Piedad Bonnett" Diario el País, 24 de novembro de 2007
Produción como dramaturga Se arrienda pieza Sanseacabó Gato por liebre, 1991 Algún día nos iremos 2013, presentado no Teatro libre de Bogotá baixo a dirección de Ricardo Camacho Noche de epifanía, versión teatral de Shakespeare
Premios Mención de honra no concurso hispanoamericano de poesía Octavio Paz por De círculo y de ceniza Premio nacional de poesía, Instituto colombiano de cultura, 1994, por El hilo de los días XI Premio Casa de América de poesía americana, 2011, por Explicaciones no pedidas Premio de poesía Poetas do mundo latino 2012 Escritora do ano Portal de Poesía Contemporánea 2013 Premio de Poesía José Lezama Lima, 2014, por Explicaciones no pedidas Premio de Poesía Generación del 27, 2016, por Los habitados Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da escritora ...."Y todos tan contentos. Consagración de la mentira" Ensaio de Piedad Bonnett na páxina web da revista Número http://colombia.poetryinternationalweb.org/piw_cms/cms/cms_module/index.php?obj_id=1283 (Poemas en inglés)
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Poetas de Colombia Categoría:Dramaturgos de Colombia Categoría:Novelistas de Colombia Categoría:Escritores de Colombia Categoría:Nados no departamento de Antioquia