A lingua barasana ou barasana-eduria, é unha lingua indíxena da familia tucana falada polo pobo barasana en Colombia, na rexión do Amazonas. Pertence á póla oriental da familia lingüística tucana. A poboación de falantes nativos roldaba as 1 990 segundo o censo realizado en 1993. A súa área de distribución é o río Pira Paraná e as marxes da bacía do río Vaupés. O barasana está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Exemplos Cores: ñĩĩ --> negro boti --> branco sũã --> vermello suri --> yellow Partes do corpo: hoa --> cabelo kahea --> ollos gãmõrõ --> orellas rise --> boca
Notas
Categoría:Linguas tucanas Categoría:Linguas de Colombia