Eudoxia de Bulgaria, nada en Sofía o 5 de xaneiro de 1898 e finada en Friedrichshafen o 4 de outubro de 1985, foi unha princesa de Bulgaria, durante algún tempo desempeñou o papel de primeira dama de Bulgaria, ata que o seu irmán Boris contraeu matrimonio coa princesa Xoana de Savoia.

Traxectoria Naceu en Sofía, sendo a filla máis vella do rei Fernando I de Bulgaria e da súa primeira esposa, a princesa María Luísa de Borbón-Parma, que morreu ao darlle a luz a ela. Xunto coa súa irmá, a princesa Nadezhda, foi educada baixo a dirección da súa madrasta, a princesa Leonor de Reuss-Köstritz.

A Princesa Eudoxia nunca casou nin tivo descendencia, e residiu coa familia política da súa irmá Nadezhda, en Alemaña, onde morreu aos 87 anos.

Devanceiros

Véxase tamén

Bibliografía Ruvigny's Titled Nobility of Europe, by Burkes Peerage Ltd., 1914 Crown of Thorns, by Stephane Groueff, Lanham MD., and London, 1987 ISBN 0-8191-5778-3

Categoría:Nados en Sofía Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nobres de Bulgaria