Licypriya Kangujam, nada en Bashikhong, Manipur, o 2 de outubro de 2011, é unha activista ambiental india. En 2019, recibiu o International Children's Peace Prize, a India Peace Prize e o Dr. A. P. J. Abdul Kalam Children’s Award. Ese mesmo ano, foi elixida como activista ambiental xunto con Greta Thunberg e Jamie Margolin no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, no que se destacou aos mozos que loitan contra o cambio climático. The Times of India declarou que era a activista climática máis nova da India. alt=|miniatura|Kangujam diríxese ao Foro de Asociados da Unesco (Bienal de Luanda) en Angola o 20 de setembro de 2019.

Traxectoria Kangujam é a filla máis vella de Bidyarani Devi Kangujam Ongbi e de K. K. Singh, e comezou a alzar a súa voz para combater o cambio climático e a redución do risco de desastres ambientais cando tiña sete anos. En xuño de 2019, protestou ante o Parlamento da India dirixíndose ó Primeiro Ministro, Narendra Modi, para que promulgara a lei sobre o cambio climático na India.

Visita a Mongolia En 2018, Licypriya asistiu a unha conferencia de desastres da ONU en Mongolia xunto con seu pai. Isto inspirouna a involucrarse no activismo. Nun artigo de BBC News, afirmou: "Recibín moita inspiración e novos coñecementos das persoas que pronunciaban discursos. Foi un evento que me cambiou a vida". Licypriya fundou o "Movemento Infantil" pouco despois do evento para crear conciencia sobre a protección do planeta amosando o cambio climático e os desastres naturais.

Inundacións de Kerala de 2018

Licypriya doou os seus aforros de 100.000 rupias ó Ministro Principal de Kerala Pinarayi Vijayan o 24 de agosto de 2018 para axudar ós nenos vítimas das inundacións de Kerala. Dous anos máis tarde recibiu a carta de recoñecemento do Goberno de Kerala.

A doazón de Licypriya ó Ministro Principal apoiou o seu traballo para protexer ós nenos afectados polas inundacións. Ella sentiu que a súa pequena contribución axudaría a facer unha diferenza para os nenos durante os momentos difíciles.

Visita a África Kangujam visitou Angola do 14 ó 24 de setembro de 2019 e comezou unha folga climática con máis de 50.000 nenos e mozos na cidade de Luanda, chamando a atención dos líderes mundiais para que tomaran medidas inmediatas para salvar o seu futuro. Asistiu ó Foro de Asociados da Unesco 2019 (Bienal de Luanda) invitada pola Unesco a Unión Africana e o Goberno de Angola. Realizou unha intervención sobre o cambio climático dirixíndose ós presidentes de Angola, João Lourenço, de Malí, Ibrahim Boubacar Keïta, de Malawi, Hage Geingob, da República do Congo, Denis Sassou-Nguesso, así como ás Primeiras Damas de Angola, Ana Dias Lourenço, de Namibia, Monica Geingos, ó Premio Nobel da Paz de 2018 Denis Mukwege, á Directora Xeral da Unesco Audrey Azoulay, ó Viceprimeiro Ministro de Guinea, Francois Fall e a todos os Ministros de Cultura de África.

Gran marcha de outubro de 2019 O 21 de outubro de 2019, Kangujam iniciou a "Gran marcha de outubro de 2019" en Nova Deli, con miles dos seus seguidores. Esta mobilización levouse a cabo do 21 ó 27 de outubro en varios lugares para solicitar unha acción inmediata sobre ocambio climático e para promulgar a lei climática na India. Outra protesta tivo lugar en Paralakhemundi, Gajapati, co apoio de máis de 12.000 persoas da localidade. Nunha entrevista co xornal Pragativadi, Kangujam declarou: "Até hoxe, só 5 países (Nova Zelandia, Australia, Reino Unido, México e Perú) teñen a súa lexislación sobre cambio climático, pero o 98% aínda non, isto inclúe á India. Estamos a marchar para pedir ós líderes mundiais que promulguen canto antes unha lei sobre o clima que regule as emisións de gases de efecto invernadoiro para salvar o noso planeta e o noso futuro. Ademais, sinalou que, a diferenza doutros países desenvolvidos, as zonas rurais da India xa se viron afectadas polo cambio climático, principalmente a industria agrícola, porque a India está menos preparada para facer fronte ós danos climáticos. Tamén agregou que debido ó rápido aumento dos desastres climáticos e á diminución da produción agrícola, os nenos e os traballadores deixaron de ir á escola e de traballar.

SUKIFU (Survival Kit for the Future) O 4 de outubro de 2019, Kangujam presentou un dispositivo simbólico chamado SUKIFU (Survival Kit for the Future) para frear a contaminación do aire. SUKIFU é un kit de baixo orzamento deseñado a partir de elementos de refugallo para proporcionar aire fresco ao noso corpo cando o índice de contaminación é alto. Esta planta colocada nunha especie de mochila transparente é un recoñecemento do Movemento Verde contra a contaminación do aire. Calquera pode construílo en casa para insuflar aire fresco directamente nos nosos pulmóns. Presentouno ante a Asemblea Lexislativa do Punxab e Haryana como símbolo antes da cerimonia de toma de xuramento dos MLAs e Ministros recentemente elixidos de Haryana. Chamou a atención dos líderes para atopar unha solución urxente para a actual crise de contaminación do aire en Delhi e a Rexión da Capital Nacional (NCR).

Recoñecementos En 2019, Kangujam recibiu o Dr. A. P. J. Abdul Kalam Children’s Award da Fundación Khwaad. O mesmo ano, foi recoñecida coa India Peace Prize xunto con Gaur Gopal Das e Dinesh Subasinghe do Comité Internacional da Mocidade no Cume Mundial da Mocidade. Tamén recibiu o International Children's Peace Prize do Institute for Economics and Peace (IEP). O 2 de outubro, foille entregado o título "Rising Star" pola rede do Día da Terra con sede en Washington D. C., Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Licypriya Kangujam no programa de Desenvolvemento de Nacións Unidas. Licypriya Kangujam no South Asian Youth Summit

Categoría:Nados en Manipur Categoría:Nados en 2011 Categoría:Activistas da India