Alice H. Parker, nada en Morristown, Nova Jersey, en 1895, foi unha inventora afroamericana coñecida pola súa contribución da calefacción de caldeira. Inventou unha caldeira que proporcionaba calefacción central para edificios e casas enteiros, que foi patentada o 23 de decembro de 1919.

A súa caldeira era diferente doutros fornos daquel momento e supuxo un grande avance por ser máis seguro que queimar leña xa que axudaba a que non se tivese que almacenar e queimar madeira nun forno tradicional. O deseño tiña condutos de aire que permitían á calor esparexerse por toda a estrutura. A invención de Parker incluía un sistema de queimado múltiple e usaba gas natural. O que fixo esta caldeira única foi ser precursora da calefacción por zonas, onde a temperatura podía ser axustada en diferentes áreas dun edificio.

Traxectoria Parker foi estudante na Howard University Academy, un instituto de Washington D.C. e gaduouse con honras en 1910.

Patente A patente de Alice para a caldeira foi presentada en 1919, antes do Movemento de Dereitos Civís e do movemento de liberación das mulleres nos Estados Unidos o cal é en si extraordinario polo feito de pertencer ao colectivo de mulleres e ao das persoas negras, especialmente nun momento no que ambos se enfrontaban a máis discriminacións e particularmente debido á interseccionalidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Jersey