Juan Pablo Orrego Silva, nado en 1949, é un músico, ecoloxista e activista chileno.

Carreira musical Foi baixista da banda chilena Blops, á cal se integrou en 1968 por intermedio do seu primo Felipe Orrego.http://www.rockaxis.com/vanguardia/biografia/blops-los/ Estivo no grupo até 1973, cando se separaron. En 1974 participou dunha breve reagrupación e logo formou parte unha vez máis do conxunto entre 1978 e 1981, ano en que se trasladou ao Canadá.

En 2001, Orrego formou parte do reencontro dos Blops, que durou até 2003.

Activista Foi fundador e coordinador do Grupo de Acción por el Biobío, grupo que organizou unha serie de protestas en defensa das comunidades pehuenches na rexión do Biobío, e contra os danos ambientais que produciría a construción de centrais hidroeléctricas no río Biobío, incluíndo os proxectos Pangue e Ralco. Este traballo fíxoo receptor do Premio Goldman para o medio ambiente en 1997, e do Premio ao Sustento Ben Gañado en 1998, considerado como o «Premio Nobel Alternativo».

Desde 2006 participa na campaña Patagonia sin presas en contra do proxecto HidroAysén. É presidente da ONG Ecosistemas, e director de International Rivers desde xullo de 2014.

Notas

Categoría:Activistas de Chile Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Chile Categoría:Premio Medioambiental Goldman