The Cave é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Bruce Hunt e distribuído por Screen Gems. Foi escrito por Michael Steinberg e Tegan West. Conta a historia dun grupo de científicos que quedan atrapados durante a exploración dun sistema de covas en Romanía e encontran un grupo de criaturas mortais. Está protagonizado por Cole Hauser, Eddie Cibrian, Morris Chestnut, Marcel Iureș, Lena Headey, Rick Ravanello, Piper Perabo e Daniel Dae Kim.
O filme foi producido por Lakeshore Entertainment e Cinerenta e estreouse o 26 de agosto de 2005. Recadou 6,1 millóns de dólares durante a primeira semana nos cinemas e conseguiu $un total de 33,3 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 30 millóns de dólares. Recibiu valoracións polo xeral negativas e unha puntuación do 12% en base a 111 votos en Rotten Tomatoes.
Personaxes Cole Hauser como Jack McAllister Eddie Cibrian como Tyler McAllister Morris Chestnut como Top Buchanan Lena Headey como Katheryn Jennings Piper Perabo como Charlie Rick Ravanello como Briggs Daniel Dae Kim como Alex Kim Kieran Darcy-Smith como Strode Marcel Iureș como Dr. Nicolai Vlad Rădescu como Dr. Bacovia
Brian Steele interpreta as criaturas da cova.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes rodados en Romanía Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes rodados en Bucarest Categoría:Filmes ambientados en Romanía Categoría:Filmes de Lakeshore Entertainment