Ana Jesús López Díaz, nada o 25 de xuño de 1965 na Pobra do Brollón, é unha profesora universitaria e investigadora galega.

Traxectoria É licenciada en Física e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Cinética de la reacción y diagrama TTT de curado para el sistema apoxídico diglicidil éter de bisfenol A (DGEBA) y 1,3-Bisaminometilciclohexano. Profesora Titular da Universidade da Coruña, Escola Politécnica Superior, no Departamento de Enxañaría Naval, área de Enxañaría Mecánica, docencia de Mecánica, Metroloxía e Control de Calidade e Tecnoloxías Emerxenes de Fabricación. Traballa na UDC no Campus de Ferrol.

Colabora co Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL): procesos de ablación láser e aplicación á análise e conservación de materiais de interese patrimonial así como á funcionalización, mediante texturizado, de materiais para implantes biomédicos.

Desde a Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña foi a responsable da elaboración do Primeiro Plan de Igualdade (2013-2017) e do Segundo Plan de Igualdade (2019-2023) e do Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo, levando a cabo ademais distintas accións para promover a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. É parte activa na Xornada Universitaria Galega en Xénero das tres universidades públicas galegas.

Socia fundadora en 2015 da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia, AMIT-Gal, nodo galego da asociación AMIT, que preside, e desde o 8-M ten aberto á participación en redes o proxecto "No more Matildas", para a achega de datos sobre galegas na ciencia. Desde 2018, vicepresidenta do Grupo Especializado Mulleres en Física da Real Sociedad Española de Física.

Premio da Real Sociedad Española de Física, modalidade “Materiales Didácticos de Física” en “Física+Matemáticas en Acción” 2003.

Colaborou en varios libros colectivos e revistas especializadas en Física e problemas de xénero.

Publicacións

Metodos experimentales para el laboratorio de Física (2002). Ferrol: Tórtulo. ISBN 84-8408214-8. Prácticas de Física (2002). Ferrol: Reprografía Noroeste. ISBN 84-9320-795-0. Violencias de género. Persistencia y nuevas formas (2019). Catarata. 192 páxs. ISBN 978-84-9097-836-8

Libros colectivos

II Xornada Universitaria Galega en Xénero (2014). Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-599-8. Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 (2015). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-694-7. Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX (2017). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-766-1. (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 (2019). Universidade de Santiago, Coruña e Vigo. ISBN 978-84-9749-758-9.

Notas

Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes