Natalia Junquera Añón, nada na Coruña en decembro de 1981, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá. Traxectoria Licenciouse en Xornalismo, e fixo un mestrado de xornalismo na Universidade Autónoma de Madrid, coa esponsorización do xornal El País. Traballou como xornalista na radio (Cadena SER), na televisión (Antena 3) e especialmente en prensa escrita, inicialmente en La Voz de Galicia e desde 2006 en El País.

Algunhas das súas principais investigacións viran ao redor da memoria: as vítimas do franquismo e as tramas de nenos roubados da España das décadas do sesenta e setenta.

Obra Vidas robadas (Aguilar, 2011)

Valientes. El relato de las víctimas del franquismo y de los que les sobrevivieron (Aguilar, 2013). Con prólogo de Baltasar Garzón.

Notas

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes